A Operación Mincemeat ou Carne moída foi un exitoso plan de contrainformación nun contexto de espionaxe británico posto en marcha durante a Segunda guerra mundial. miniatura|Cadáver de Glyndwr Michael, a quen fixeron pasar polo inexistente oficial W. Martin cos documentos falsos para enganar os mandos nazis.
Desenvolvemento Como parte dos plans xerais da Operación Barclay para disfrazar os preparativos para a invasión de Italia (Operación Husky) desde África do Norte, a Mincemeat axudou a convencer ao Alto Mando do Heer alemán de que os aliados pretendían invadir Grecia e Sardeña en 1943 en lugar de Sicilia, que era o verdadeiro obxectivo. Isto conseguiuse enganando aos alemáns dicindo que interceptaran accidentalmente documentos confidenciais que detallaban os plans aliados. Os documentos foron unidos a un cadáver, tirado deliberadamente pola borda para ser levado pola forza das ondas até a praia de Punta Umbría, Huelva, contando que a España franquista trasladaría eses documentos aos nazis, como así aconteceu.
Na literatura e no cine
Ewen Montagu, que xogou un papel protagonista no plan de 1943 para enganar aos nazis, escribiu o libro The Man Who Never Was en 1953 sobre a operación Mincemeat.
En 1956, Ronald Neame dirixiu o filme The Man Who Never Was baseado no libro homónimo de Montagu. En 2021, John Madden dirixiu un filme británicobaseado no libro de Ben Macintyre sobre a operación, que leva por título Operation Mincemeat.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
O mendigo que gañou a II Guerra Mundial (en inglés) Detalles sobre a operación Mincemeat (en portugués)
Categoría:Segunda guerra mundial Categoría:Batallas da segunda guerra mundial Categoría:Espionaxe Categoría:Batallas do século XX