EROS (acrónimo de Earth Resources Observation Satellite) é o nome dunha serie de satélites artificiais para observación terrestre operados pola empresa ImageSat International.

EROS-A 1 e 2 EROS-A 1 lanzouse o 5 de decembro de 2000 a bordo dun foguete Start-1 a unha órbita heliosincrónica de 480 km de altura. Estaba baseado nos satélites militares Ofeq 3 e 4 e tiña unha masa de 250 kg ao lanzamento. A bordo levaba unha cámara capaz de fotografar franxas de 13,5 km de longo cunha resolución de 1,8 m. O satélite reentrou na atmosfera o 7 de xullo de 2016. Eros-A 2 non chegou a lanzarse e foi cancelado.

EROS-B EROS-B lanzouse o 25 de abril de 2006, tamén a bordo dun Start-1. Cunha aparencia similar á de EROS-A, tiña unha resolución moi superior, de ata 0,7 m a unha altura de 500 km. Estaba baseado nos satélites Ofeq 5. Planificáronse tres unidades máis deste modelo que foron finalmente canceladas.

EROS-C EROS-C, lanzado o 39 de decembro de 2022 a bordo dun Falcon 9, ten maior resolución e capacidades que EROS-B. Cunha masa duns 400 kg, utiliza o bus OPTSAT-3000 e ten unha resolución de 0,30 m en imaxes pancromáticas e de 0,60 en imaxes multiespectrais.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotas<ref name=astronautix/>EROS-A5 de decembro de 2000Start-1ÉxitoEROS-B25 de abril de 2006Start-1ÉxitoEROS-C30 de decembro de 2022Falcon 9Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Start-1 Falcon 9

Categoría:Satélites artificiais de Israel