William Wesley Peters nado o 12 de xuño de 1912 en Terre Haute, Indiana e finado o 17 de xullo de 1991 en Madison, Wisconsin, foi un arquitecto e enxeñeiro estadounidense.

Traxectoria

Formación e familia Peters foi o maior de dous fillos que naceron de Frederick Romer Peters e Claire Adelaide Peters. A súa irmá, Margedant Peters, foi a esposa de SI Hayakawa, o noveno presidente da Universidade Estatal de San Francisco, que máis tarde representou ao estado de California no Congreso. Peters foi ao Evansville College e logo asistiu ao Massachusetts Institute of Technology durante dous anos.Secrest, Meryle (1998): Frank Lloyd Wright: A Biography. University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-74414-8, 402.

Carreira Peters uniuse á Taliesin Fellowship, dirixida por Frank Lloyd Wright. Entre outras cousas, axudou a Wright na construción de Fallingwater e a sede de Johnson Wax. Tamén foi responsable do deseño estrutural do Museo Solomon R. Guggenheim. Deseñou o Palacio das Perlas e o Colexio Damavand, ambos construídos en Irán. Tamén deseñou a Lincoln Income Life Insurance Tower en Louisville, Kentucky.

En 1935, Peters casou coa fillastra de Wright, Svetlana Hinzenberg Wright (1917–1946), coa que tivo dous fillos. Svetlana morreu cun dos fillos nun accidente de tráfico en 1946. Despois da morte de Wright en 1959, Peters converteuse en presidente de Taliesin Associated Architects. En 1970 casou con Svetlana Alliluyeva, filla de Joseph Stalin. A parella tvo unha filla, Olga. O matrimonio divorciouse en 1973. En 1985, Peters converteuse en presidente da Fundación Frank Lloyd Wright, cargo que ocupou até a súa morte en 1991.

Notas

Véxase tamén

Arquitectura moderna estadounidense Organicismo arquitectónico

Ligazóns externas

William Wesley Peters en Datenbank WorldCat

Categoría:Finados en 1991 Categoría:Nados en 1912 Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América Categoría:Enxeñeiros Categoría:Arquitectos dos Estados Unidos de América