miniatura|Cariograma esquemático dun humano con bandeado G, con bandas e sub-bandas anotadas. É unha representación gráfica do cariotipo humano diploide idealizado. Cada fila está aliñada verticalmente a nivel do centrómero. Mostra 22 pares de cromosomas autosómicos homólogos, así como as dúas versións do par de cromosomas sexuais, nas mulleres (XX) e nos homes (XY), e tamén o xenoma mitocondrial (na parte de abaixo á esquerda). As bandas G son unhas bandas escuras e claras que aparecen nos cromosomas cando se lles aplica a técnica de tinguidura chamada bandeado G, bandeamento G, bandeado Giemsa ou bandeado GTG (Giemsa-tripsina-Giemsa) que se usa en citoxenética para producir un cariotipo visible tinguindo os cromosomas condensados con Giemsa. É o método máis común de bandeado dos cromosomas. É útil para identificar enfermidades xenéticas (principalmente anormalidades cromosómicas) por medio da representación fotográfica do complemento cromosómico completo.Speicher, Michael R. and Nigel P. Carter. "The New Cytogenetics: Blurring the Boundaries with Molecular Biology." Nature Reviews Genetics, Vol 6. Oct 2005.

Método

Os cromosomas metafásicos (os que máis condensados están) son primeiro tratados con tripsina (para dixerir parcialmente proteínas do cromosoma) e seguidamente tinguidos coa tinguidura Giemsa. As rexións heterocromáticas, que adoitan ser ricas en adenina e timina (ADN rico en AT) e con relativamente poucos xenes, tínguense dun ton máis escuro, xerando as bandas G. En contraste, a cromatina menos condensada (eucromatina), que adoita ser rica en guanina e citosina (rica en GC) e máis activa transcricionalmente, incorpora menos tinguidura Giemsa e esas rexións aparecen como bandas claras. O padrón de bandas numérase en cada brazo do cromosoma desde o centrómero ao telómero. Este sistema de numeración permite que todas as bandas que se crean no cromosoma se poidan identificar e describir con precisión. O inverso das bandas G obtense no bandeado R. A tinguidura con Giemsa dálle aos cromosomas unha cor púrpura, pero os micrógrafos adoitan convertela nunha escala de grises para facilitar a presentación de datos e facer comparacións dos resultados obtidos en diferentes laboratorios. Revisado en agosto de 2004, xaneiro de 2008

Canto menos condensados están os cromosomas, máis bandas aparecen no bandeado G. Isto significa que os diferentes cromosomas son máis distintos na profase que na metafase. Pero o normal é aplicar a técnica na metafase, que é o estado de máxima condensación.

Vantaxes

É difícil identificar e agrupar os cromosomas baseándose só nunha tinguidura simple porque a cor uniforme das estruturas fai difícil diferencialos. Por tanto, desenvolvéronse técnicas como o bandeado G que fan que aparezan bandas nos cromosomas. Este padrón de bandas ten o mesmo aspecto nos dous cromosomas homólogos, o que fai doada a súa identificación.

Tipos de bandeado

Ademais do bandeado G, hai outros tipos de bandeado citoxenético. Nesta táboa móstranse todos eles: Tipo de bandeado Método de tinguidura Bandeado C Giemsa tinguindo a heterocromatina constitutiva (centrómeros) Bandeado G Tinguidura Giemsa Bandeado Q Quinacrina Bandeado R Inverso da tingidura Giemsa Bandeado T Telomérico

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Estrutura fina dos cromosomas eucariotas Mapado xenético Hibridación in situ fluorescente

Categoría:Cromosomas Categoría:Técnicas de laboratorio Categoría:Citoxenética