O cárcere da Parda foi un centro penitenciario provincial que existiu en Pontevedra no século XX.
Historia A súa construción aprobouse en 1934, por mediación do deputado Isidoro Millán Mariño. Ata entón funcionaba como cárcere o edificio situado na estrada de Marín (actual rúa Rosalía de Castro) proxectado en 1850 polo arquitecto municipal José García Limeses, en cuxos terreos se construíu un século despois o Pazo de Xustiza sede da Audiencia Provincial, inaugurado en 1956. O antigo cárcere histórico da cidade reconstruído en 1753 que se situaba ao final da ponte do Burgo fora demolido en 1865.
Ao longo da súa historia houbo diversos motíns, como o que sucedeu en 1978 sendo director do centro Rodolfo Rey García ou o que tivo lugar en 1990. O cárcere pechou de forma temporal en 1991 para a realización de obras, e os internos foron traslados aos penais de Vigo e Monterroso entre outros, mais finalmente procedeuse ao seu peche e á construción do centro penitenciario da Lama. A demolición do cárcere da Parda fíxose en 1995 e só quedaba o predio a principios de 1996 cando se ía empezar a construír o primeiro edificio dos xulgados da cidade da Xustiza de Pontevedra.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Barrio da Parda
Parda Parda