Brian L. Roberts, nado en Filadelfia o 28 de xuño de 1959, é un empresario multimillonario estadounidense, presidente e CEO de Comcast, unha empresa norteamericana que ofrece produtos e servizos de cable, entretemento e comunicacións que fundou seu pai, Ralph J. Roberts.

Traxectoria Roberts naceu no seu dunha familia xudía en Pensilvania, fillo de Ralph J. Roberts, o fundador de Comcast Corporation, e de Suzanne (de solteira Fleisher), unha antiga actriz e dramaturga . Seu avó materno, Alfred W. Fleisher, fora un investidor inmobiliario e filántropo que apoiou a reforma penitenciaria. Roberts formouse na Germantown Academy e obtivo unha licenciatura en Ciencias na Wharton School da Universidade de Pensilvania en 1981, e inmediatamente comezou a traballar no seo da empresa familiarPhiladelphia Inquirer: "A continual spotlight awaits a 'very private' Brian Roberts AT&T deal catapults Comcast's chief to the industry forefront" By Benjamin Y. Lowe 21 de decembro de 2001.

En febreiro de 1990 Roberts sucedeu a seu pai como presidente de Comcast Corporation con 31 anos. Roberts exerceu como presidente da National Cable & Telecommunications Association (NCTA) de 1995 a 1996, coincidindo coa entrada en vigor da lei desreguladora de Telecomunicacións de 1996. Entre 2005 e 2007 foi presidente do consello de administración da NCTA.

En 2000, Roberts adquiriu AT&T Broadband por 53 200 millóns de dólares en accións e asumiu a súa débeda, ese acordo permitiulle a Comcast converterse no maior operador de cable do mund e en 2009 Comcast fíxose con NBCUniversal .

En 2021 Roberts ingresou polos seus cargos en Comcast 34 millóns de dólares e en 2022 calculábase o seu patrimonio neto en 1,3 mil millóns de dólares .

Actividade deportiva Xogador de squash, Roberts xogou durante a súa etapa universitaria na Ivy League e tras a súa graduación competiu nos Xogos Macabeos en Israel, gañou co equipo dos Estados Unidos medallas de prata en 1981, 1985 e 1997, de ouro en 2005 e de novo prata en 2009 Michael Elkin "Shoah Salute: Personal Meaning for Comcast CEO" , jewishexponent.com, May 4, 2011; accessed June 20, 2015.. O 21 de outubro de 2012 Maccabi USA homenaxeouno como unha "Lenda dos Macabeos".

Política Roberts foi copresidente fundador de Filadelfia 2000, o comité anfitrión non partidista da Convención Nacional Republicana de 2000. O Pennsylvania Report incluíu a Roberts na listaxa de 2003 dos persoeiros máis poderosos na política de Pensilvania, e sinalou a súa influencia co gobernador de Pensilvania, Ed Rendell.

Dende 2006 doou máis de 76.000 dólares a candidatos demócratas e 13.500 dólares a republicanos. En decembro de 2009 escribiu unha carta ao presidente Barack Obama para darlle o seu apoio á Lei de protección do paciente e atención accesible.

Roberts está considerado próximo ao Partido Demócrata e apoiou a Hillary Clinton nas eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016 .

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Pensilvania Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Xogadores de squash dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios do sector de telecomunicacións