François-Xavier Ortoli , nado en Ajaccio (Córsega) o 16 de febreiro de 1925 e finado en París o 30 de novembro de 2007, foi un político francés de longa traxectoria europea.
Traxectoria Ocupou varios ministerios en diferentes gobernos da Quinta República Francesa entre 1967 e 1972.
Foi presidente da Comisión Europea desde o 6 de xaneiro de 1973 até o 5 de xaneiro de 1977 e continuou como vicepresidente da Comisión ata a súa dimisión o 26 de outubro de 1984 nas comisións presididas por Roy Jenkins e Gaston Thorn. Durante estes últimos períodos encargouse dos asuntos económicos e financeiros.
Logo de abandonar a política activa dedicouse ao mundo da empresa.
Véxase tamén
Outros artigos Unión Europea
Ligazóns externas Os documentos privados de François-Xavier Ortoli atópanse dispoñibles no Arquivo Histórico da Unión Europea en Florencia.
Categoría:Nados en Ajaccio Categoría:Alumnos da Escola Nacional de Administración Categoría:Ministros de Francia Categoría:Presidentes da Comisión Europea Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Políticos de Francia