As relacións de Bután e o Canadá refírense ás relacións bilaterais entre Bután e o Canadá. O Reino de Bután mantén relacións oficiais co Canadá dende o ano 2003. Aínda que ningún país ten un embaixador residente, a Alta Comisión canadense en Nova Deli serve como representante consular do Canadá para Bután. A misión de Bután está situada na Misión Butanesa ante as Nacións Unidas en Nova York. As relacións entre as dúas nacións foron descritas como estreitas e cálidas.
Historia A relación comezou na década de 1960, cando o xesuíta canadense William Mackey construíu o primeiro instituto de Bután. Mackey e varios outros canadenses procederían despois a fundar o sistema educativo de Bután.
O Canadá converteuse no vixésimo segundo país en estabelecer relacións bilaterais con Bután no ano 2003. O 10 de agosto de 2009, Joseph Caron visitou o Tashichhodzong en nome do goberno canadense.
En 2018, o Canadá e Bután celebraron 15 anos de relacións diplomáticas.
Canadenses de orixe butanesa Segundo o embaixador Nadir Patel, 4 000 butaneses viven no Canadá. Porén, o goberno canadense cifra o seu número en cando menos 6 000 refuxiados butaneses.
A meirande comunidade de butaneses no Canadá atópase en Lethbridge, Alberta.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Goberno canadense en Bután
Categoría:Relacións bilaterais de Bután Categoría:Relacións bilaterais do Canadá