XOTRAMU (Xogos Tradicionais de Muimenta) é unha asociación cultural adicada á recuperación e posta en valor dos xogos tradicionais de Galicia. Ten a súa sede en Muimenta (Cospeito). Traxectoria A asociación Xogos Tradicionais de Muimenta naceu en 2009 da man de tres veciños: Manolo Vila, Xosé Lombardero e Quico Darriba, de cara a recuperar e divulgar os xogos tradicionais galegos, coma a billarda, tiro de corda ou zancos.
Ademais da celebración anual dunha xornada dedicada aos xogos tradicionais que adoita desenvolverse o primeiro domingo do mes de xuño, teñen realizado iniciativas coma a creación dun Museo das Zocas e mais a recuperación, en Muimenta, do espazo da contorna da Igrexa Vella e de Escola de principios do século pasado.
Durante a pandemia de COVID-19 XOTRAMU non puido organizar a anual Feira de Xogos, mais no seu lugar desenvolveu no ano 2020 unha edición especial divulgando testemuñas dos seus organizadores e exemplos de xogos representados nas casas das habituais acudintes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Asociacións culturais de Galicia Categoría:Cospeito Categoría:Cospeito sen imaxes