Gwynedd é un condado de Gales creado en 1974 pola Local Government Act de 1972. A súa capital é Caernarfon. É o fogar da Universidade de Bangor.
Xeografía Ten unha extensión de 2.548 km². Abarca o territorio dos antigos condados de Carnavon, Anglesey, Merioneth, o distrito rural de Edeyrnion e algunhas parroquias de Denbigh: Llanrwst, Llanstaffraid Glan Conwy, Eglwysbach, Llanddoged e Tir Ifan.
Demografía Ten unha poboación de 118.110 habitantes segundo o censo de 2004 (densidade 46 h/km²).
Política O partido máis votado da comarca é Plaid Cymru.
Lingua Segundo as cifras de 2001, o número de falantes de galés no concello era de 78.773 (67,3%).
Historia Véxase Reino de Gwynedd
Atraccións turísticas Puntos de interese turístico destacado son Portmeirion, as covas de lousa de Llechwedd e os castelos de Caernarfon, Penrhyn e Harlech. A casa natal de T. E. Lawrence, que inspirou Lawrence de Arabia, atópase en Gwynedd, e aínda que é propiedade privada recibe continuas visitas. O bar do albergue está decorado con camelos e motivos referentes a el. O bardo Hedd Wyn, tamén naceu nunha aldea de Gwynedd. A súa casa natal recibiu un premio británico pola súa conservación. Recibe visitantes e construíuse un centro de exposicións para remarcar o impacto da guerra na comunidade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Consello do condado de Gwynedd
Categoría:Xeografía de Gales