A comuna de El Foxo é unha comunidade de vida alternativa creada en El Foxo (Barcela, Negueira de Muñiz) a finais da década de 1970 por un grupo de persoas pertencentes a diversas correntes ideolóxicas (hippismo, ecoloxismo, renovación pedagóxica, naturismo...) que tras recompoñer e modificar varias veces o proxecto entrou en fase de liquidación en 2017. Nos seus momentos álxidos chegou a contar con máis de 200 integrantes.

Primeiros anos e decadencia No ano 1956, coa construción do encoro de Salime as aldeas de El Foxo, Vilar de Ernes, Vilauxín, Cancio e Ernes quedaron illadas do resto do concello. Só era posible chegar a elas cruzando o río en barca e a veciñanza perdera o seu fogar e viuse forzada a marchar como colonos na Terra Chá (sobre todo no Arneiro e na Veiga do Pumar); especialmente ás familias con fillos, ás persoas solteiras ou aos viúvos e viúvas deixábanos illados sen opcións. Outra parte da poboación marchou a Barcelona ou Madrid. O illamento acabou facendo deste lugar, desde o punto de vista dos fundadores, un enclave ideal para a creación do proxecto de vida que tiñan en mente.

Aínda que se desenvolveron diversas experiencias autoxestionarias, as contradicións internas e as dificultades da vida cotiá remataron coa comuna. Hoxe consérvase na zona un dos principais núcleos de poboación de residentes neorrurais e referente da nova ocupación do campo en Galiza e no Estado. Actualmente a poboación neorrural atravesa unha grave crise socioeconómica ao non ser capaces de desenvolver novas estruturas. Este foi o desafío de 27113 Comuna, S. Coop. Galega, que se estableceu para formar en autoemprego, promover a creación de cooperativas e fomentar o desenvolvemento rural.

Forma de vida Diversas persoas vinculadas á Comuna foron relatando como se organizaban a subsistencia e as relacións sociais nun xeito de vida que se postulaba contrario aos hábitos e esixencias do capitalismo. A gandaría, as prácticas de autoconsumo, os cultivos, a pesca, as pequenas vendas e a alimentación alternativa servían, nun contexto de traballo colectivo, para garantir a supervivencia. Concedíase especial importancia á solidariedade de grupo e ás actividades lúdicas; no que atinxe á vertebración social, a figura dos contratos (de calquera tipo, tamén o de vida en parella) estaba ausente.

A escaseza e os conflitos persoais comezaron a producir as primeiras retesías internas, xunto con outros problemas sanitarios e intentos de establecer xerarquías. O roubo non foi unha práctica inhabitual. A Comuna empezou a ser lugar de destino para todo tipo de persoas: artesáns, músicos, executivos desenganados, marxinais... Negueira de Muñiz chegou a ter a maior taxa de mortalidade de Galiza a pesar da xuventude da súa poboación.

Os nenos estaban escolarizados en Negueira e comían no centro de Primaria. Todos os días, por quendas semanais, un adulto os acompañaba para cruzaren na barca ata a outra ribeira, despois camiñaban sós un treito e agardaban o transporte escolar. En El Foxo non había luz nin electricidade, pero si auga corrente. Eran frecuentes as actividades culturais e de contacto coa natureza, sobre todo no verán.

A comuna no cine e na literatura Producíronse varios documentais nos que aparece a Comuna de El Foxo, así coma a longametraxe Vilamor de Ignacio Vilar. A novela xuvenil de Santiago Jaureguizar, A cova das vacas mortas, (2006 Xerais) está ambientada no mesmo enclave.A cova das vacas mortas na páxina da editorial. Parte da novela de Brais Lamela Ninguén queda (Euseino? 2022) describe a comuna na actualidade.Ninguén queda na páxina web da editorial.

Notas

Categoría:Negueira de Muñiz Categoría:Negueira de Muñiz sen imaxes