Sphaerius é un xénero de escaravellos que comprende 23 especies, que son os únicos membros vivos da familia Sphaeriusidae (antes Microsporidae). Viven tipicamente ao longo das beiras de regatos e ríos, onde se alimentan de algas. Viven en todos os continentes menos na Antártida.

A forma global e aspecto destes escaravellos é convexa, brillante, de cor marrón escuro ou negro ás veces con algunhas marcas. A cabeza é prominente con ollos relativamente grandes e moi separados e antenas capitadas. A lonxitude total vai de 0,5 a 1,2 mm.

Atópanse en diversos ambientes pantanosos, incluíndo lama, debaixo de pedras, entre raíces de plantas e follas caídas e en musgos e bulleiros. Almacenan algo de aire baixo os élitros.

As femias producen un só ovo grande cada vez que poñen.

Taxonomía A familia adoitaba coñecerse como "Sphaeriidae", pero o nome estaba asignado previamente a unha familia de ameixas de auga doce. Entón, o nome foi inapropiadamente substituído polo de "Microsporidae" (ao cambiar o nome do xénero a Microsporus), pero isto foi suprimido ao volverse oficialmente ao uso de Sphaerius para este escaravello e reformarse o nome da familia como Sphaeriusidae (porque Sphaeriidae se reservou como familia de moluscos). 2000: Opinion 1957. Sphaerius Waltl, 1838 (Insecta, Coleoptera): conserved; and Sphaeriidae Erichson, 1845 (Coleoptera): spelling emended to Sphaeriusidae, so removing the homonymy with Sphaeriidae Deshayes, 1854 (1820) (Mollusca, Bivalvia). Bulletin of zoological nomenclature, 57: 182–184. BioStor A posición da familia dentro dos Coleoptera foi posta en discusión varias veces.Ross H. Arnett, Jr. e Michael C. Thomas, American Beetles (CRC Press, 2001)

Especies Sphaerius acaroides Sphaerius africanus Sphaerius alticola Sphaerius coenensis Sphaerius coomani Sphaerius cribratus Sphaerius favosus Sphaerius gustavlohsei Sphaerius hispanicus Sphaerius humicola Sphaerius laeviventris Sphaerius madecassus Sphaerius politus Sphaerius obsoletus Sphaerius ovensensis Sphaerius papulosus Sphaerius perlaevis Sphaerius scutellaris Sphaerius silvicola Sphaerius spississimus Sphaerius tesselatus Sphaerius texanus Sphaerius tropicus

Sphaeriusidae fósil

†Burmasporum Kirejtshuk 2009 ámbar birmano, Myanmar, Cenomaniano

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sphaeriusidae Tree of Life

Categoría:Myxophaga