Horacio Casas Iglesias, nado en Teo o 28 de xuño de 1906 e finado en México, foi un militar e político galego.

Traxectoria

Estudou na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela.El Compostelano, 17-10-1923, p. 1. Aprobou as oposicións a Axente do Corpo de Investigación e Vixilancia en 1935.El Ideal Gallego, 28-9-1934, p. 2. Foi conselleiro do Partido Galeguista na zona da Maía. Durante a guerra loitou no corpo de asalto do Exército Republicano, foi ascendido a sarxento en xaneiro de 1937,Gaceta de la República, 29-1-1937, p. 929. e ascendido a tenente do Corpo de Seguridade en xaneiro de 1938.Gaceta de la República, 19-2-1938, p. 562.Ficha de Horacio Casas Iglesias Pertenceu a Solidaridade Galega Antifeixista. Foi presidente do Comité Obreiro de Gardas e Soldados e conselleiro do PG en Barcelona. Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mere. Exiliouse en México,Visados otorgados a refugiados españoles para su emigracion a Mexico embarcando no buque Ipanema que chegou a Veracruz o 7 de xullo de 1939. Foi contador do Padroado da Cultura Galega de México en 1953 e despois secretario do Padroado.España Popular, 25-11-1955, p. 4. Asinou, en nome do Partido Galeguista, o documento contra a entrada de España na ONU en 1955.España Democrática, 10-11-1955, p. 1. Foi presidente da Irmandade Galega de México en 1965,España Popular, 15-8-1965, p. 5. e secretario do Club Galicia en 1966.España Popular, 30-4-1966, p. 5.

Vida persoal

Casou en Cidade de México con Maria Teresa Calderón Casazza en 1945, e foi pai de Horacio Manuel, Armando Rosendo e Cesáreo Alberto Casas Calderón. Notas

Véxase tamén

Bibliografía Asilados politicos españoles a bordo del vapor Ipanema

Ligazóns externas

Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego

Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Teo

Categoría:Nados en 1906