miniatura|Microsporum gypseum Microsporum é un xénero de fungos ascomicetos que causa dermatomicoses (infeccións fúnxicas) na pel en animais e humanos como a tiña da cabeza, tiña do corpo, dermatofitose e outras.INSST Microsporus spp.
Microsporum forma tanto macroconidios (grandes estruturas reprodutoras asexuais) coma microconidios (estruturas reprodutoras tamén asexuais pero máis pequenas) en curtos conidióforos. Os macroconidios son hialinos, multiseptados, de formas variables, de fusiformes a obovados, cun tamaño de 7–20 × 30–160 um, con paredes celulares delgadas ou grosas de equinuladas a verrugosas. A súa forma, tamaño e características da parede celular son importantes para a identificación das especies. Os microconidios son hialinos, unicelulares, de piriformes a clavados, de paredes lisas, cun tamaño de 2,5–3,5 × 4–7 um e non serven de diagnóstico para ningunha especie.Microbe notes -Microsporum ospp. An overview Ver Morphological Characteristics of Microsporum spp.
A separación deste xénero de Trichophyton está baseada esencialmente na rugosidade da parede celular macroconidial, aínda que na práctca isto pode ser difícil de apreciar. Describíronse 17 especies de Microsporum.Doctor Fungus Microsporum species Non obstante, en 2017 propúxose restrinxir o xénero só as especies M. audouinii, M. canis e M. ferugineus, e pasar as demais especies aos xéneros Lophophyton, Nannizzia e Paraphyton (de Hoog et al. 2017).Mycology The University of Adelaide Microsporum
Microsporum audouinii é parasito e causa micoses só en humanos. Microsporus canis e M. gallinae causan micoses en animais, pero desde eles poden infectar a humanos. Hai especies que viven no solo como saprófitos, nutríndose da queratina que encontran ali (pelos, plumas, escamas), e que poden infectar directamente a animais e humanos, como M. gypseum, M. fulvum, M. nanum e M. cookei.Ana Lloret Caballería, Consuelo Segarra Martínez e Montserrat Bosque Vall. Unidade de Microbioloxía do Hospital Arnau de Vilanova, Valencia. Microsporum canis: características y diagnóstico
As propiedades queratinolíticas que posúe a especie Microsporum cookei suxiren que este fungo podería utilizarse para reciclar grandes cantidades de residuos queratínicos industriais.
Especies Microsporum amazonicum Microsporum audouinii Microsporum boullardii Microsporum canis Microsporum canis var. distortum Microsporum cookei Microsporum distortum Microsporum duboisii Microsporum equinum Microsporum ferrugineum Microsporum fulvum Microsporum gallinae Microsporum gypseum Microsporum langeronii Microsporum nanum Microsporum persicolor Microsporum praecox Microsporum ripariae Microsporum rivalieri
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Candidiasis.web ¿Qué es? - Microsporum</ref> Mycology Unit at the Adelaide Women's and Children's Hospital
Categoría:Fungos parasitos Categoría:Ascomicetos