O arneirón da balea cincenta (Cryptolepas rhachianecti) é un cirrípede parasito da familia Coronulidae que vive asociado á pel da balea cincenta e algunhas outras especies de balea como a balea xibardo. Natural History of Southeast Alaska: Cryptolepas rachianecti http://species.wikimedia.org/wiki/Cryptolepas_rachianecti

Descrición Medra até un diámetro de 3,8 cm. A cuncha é ovoide e xeralmente comprimida ou incrustada na pel das baleas que habita. A cavidade do corpo está rodeada por uns trinta radios proxectados sobre a pel. A boca é tamén ovoide. O opérculo é unha forte membrana que cobre a boca por onde saen os cirros. A coloración da cuncha é branca onde está erosionada, a membrana opercular é amarelada. Cryptolepas rhachianecti habita incrustado na pel da balea, xeralmente na cabeza e debaixo das aletas.Ira Cornwall. Cryptolepas rhachianecti Dall, Grey Whale barnacle, Family: Coronulidae. E-Fauna BC: Electronic Atlas of the Wildlife of British Columbia http://linnet.geog.ubc.ca/efauna/Atlas/Atlas.aspx?sciname=Cryptolepas%20rachianecti

Distribución Atópase hoxe en día só no océano Pacífico do norte onde vive a balea cinsenta. Esta balea estivo presente no Atlántico norte entre o Plistoceno superior até tempos recentes, e encontráronse fósiles de C. rhachianecti na costa dos Países Baixos, o que indica que este arneirón tamén estivo alí presente. Este arneirón encontrouse entre xaneiro e marzo durante varios anos en baleas belugas cativas na baía de San Diego, preto da ruta que empregan as baleas cinsentas migratorias. O arneirón provoca unha reacción na pel das belugas como respota inmunolóxica.

Ecoloxía Este arneirón encóntrase exclusivamente na pel das baleas, case sempre na balea cinsenta (Eschrichtius robustus), e en ocasións na candorca (Orcinus orca) e na beluga (Delphinapterus leucas). Na balea cincenta, os arneiróns adhírense profundanmente na pel e están principalmente apiñados nas costas e cabeza do animal. Canda estes arneiróns e aproveitándose da protección que lles dan atópanse outras especies de ectoparasitos crustáceos coñecidos como piollos das baleas, como o piollo da balea cinsenta Cyamus scammoni, ou Cyamus ceti e Cyamus kessleri. Tan comúns son estes animais na balea cinsenta adulta que poden chegar a albergar varios quilos de arneiróns e piollos destes. Foron observadas baleas cinsentas rozando os seus corpos contra leitos mariños de pedra con aparentemente intención de librarse dos organismos adheridos.

Galería

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

SmugMug: Gray Whale Barnacle ( Cryptolepas rhachianecti ). Whidbey Island. April 24, 2011 Integrated Taxonomic Information System (ITIS): Cryptolepas rhachianecti Dall, 1872. Taxonomic Serial No.: 89673 Youtube: Orca Bite Marks on Harpooned Gray Whale

Categoría:Crustáceos Categoría:Animais descritos en 1872