Te quiero mal é unha curtametraxe española estreada en 2005 en Compostela, dirixida por Mireia Giró e protagonizada por Isabel Naveira.

Trama A protagonista é unha muller cega que vive soa e traballa como directora musical. Ten a vida organizada para ser autosuficiente malia a súa discapacidade. Sabe onde están situadas todas as cousas na súa vivenda: a cunca do almorzo no armario, o leite no frigorífico, as zapatillas ao pé da cama, as chaves, a toalla xunto á ducha ou a maquillaxe organizada para poder elixir as cores. Ten a axuda dun aparello co que sabe a cor das cousas. Ela oriéntase e conta os pasos para chegar onde desexa, por iso, cando se despista, pode ter un erro e cruzar a rúa por un lugar que non é o paso de peóns.

Cando un home, Cristian, entra na súa vida, descoloca as cousas de uso diario, modificacións que poderían impedir a autonomía da protagonista. Cristian ignora as necesidades vitais e a orde física que facilita a accesibilidade á contorna vital da muller. A curtametraxe mostra a cegueira como metáfora do amor, da atracción, que a protagonista permite entrar na súa vivenda. Deste xeito, cuestiona o amor tradicional como relación emocional irresponsable.

Detalles O guión gañou o concurso Curtocircuíto 05, un Festival Internacional de Curtametraxes de Compostela, cuxo premio ofrece a rodaxe ou distribución en Festivais nacionais e internacionais. A curta conseguiu multitude de premios en moitos dos festivais aos que se presentou, como o primeiro premio na XXVIII Semana Internacional da Curtametraxe de San Roque (Cádiz).

A rodaxe realizouse en Compostela, a gravación do Mesías de Händel realizouna o Orfeón Terra A Nosa e a Radio Galega, e a Real Filharmonía de Galicia. Do deseño do vestiario da protagonista encargouse Roberto Torretta e as deseñadoras da curta, Inés Sainz e Alicia Sonlleva. Isabel Naveira contou co asesoramento do Centro da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) de Pontevedra para interpretar o papel.

Recoñecementos seleccionados

2006 Primeiro premio da XXVIII Semana Internacional del Cortometraje de San Roque (Cádiz) 2007 Premio Kodak do Público no VIII Concurso Iberoamericano de Cortometrajes Versión Española-SGAE 2007 Premio nas XII Jornadas de Cine Villa de La Almunia de Doña Godina

Ficha técnica

Guión e dirección: Mireia Giró Repartición: Isabel Naveira, Monti Castiñeiras, Jose A. Perozo Música: Manu Riveiro Produción: Ficción Producciones Formato: HD / 35mm Duración: 16 minutos Estrea: 2005 Xénero: Drama Emisión: Televisión de Galicia e Televisión Española Premios: 25

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Te quiero mal

Te quiero mal, Vídeo

Categoría:Curtametraxes Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de España