Adolfo Bregua Mouriño, nado na Coruña o 27 de setembro de 1906, foi un militar galego.
Traxectoria miniatura|Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación La Libertaria, obra de Jorge Pastor. Caixonista. Foi delegado do Sindicato de Cajonistas y Aserradores La Libertad da Coruña, no que tamén ocupou os cargos de presidente e secretario. Foi detido en maio de 1934 con outros compañeiros da CNT por alteración da orde pública durante un mitin.El Ideal Gallego, 29-5-1934, p. 2. Participou en mitins en Corme, en abril de 1936, e Cariño e Espasante, en maio de 1936. Foi socio do Centro de Estudios Sociales Germinal.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e contactou con outros militantes dispersos que non foran capturados. Grazas á colaboración dos militantes do Sindicato El Despertar Marítimo, logrou fuxir da Coruña a principios de xaneiro de 1937, na embarcación La Libertaria, coa que chegaron ao porto de Xixón o 7 de xaneiro de 1937. Loitou no exército republicano. En 1937 foi procesado e declarado rebelde polo Xulgado de Ordes xunto con Antonio Sánchez Veira, José Moreno Torres e Jesús Hermida Iglesias, e decretada a súa busca e captura.La Voz de Galicia, 4-2-1937, p. 4. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941, que foi sobresido en abril de 1944.BOP A Coruña, 4-5-1944, p. 4.
Coa derrota da República exiliouse en Francia. Entrou no hospital Saint-Louis Perpignan o 27 de agosto de 1939, procedente de Barcarès. Preso en Trier, foi deportado ao campo de concentración de Mauthausen-Gusen en decembro de 1940 e trasladado a Gusen en xaneiro do 1941. Sobreviviu por ser xogador de fútbol. Liberado en maio do 1945, marchou ao Brasil. Despois retornou ao seu barrio de Vioño.
Vida persoal
Casou na Coruña con Rogelia Barba Rumbo en 1928.El Ideal Gallego, 24-7-1928, p. 4. Rogelia finou en Porto Alegre o 18 de xullo de 1982. Foron pais de Adolfo e Jaime Bregua Barba.La Voz de Galicia, 8-7-1982, p. 63.
Homenaxes O 29 de setembro de 2017 inaugurouse preto da praia de Oza o monumento ós ocupantes da embarcación La Libertaria, impulsado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. No acto interviron familiares de José Moreno Torres, a voceira da ARMH, Carmen García-Rodeja, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, os poetas Cesáreo Sánchez Iglesias, Olga Patiño, Lois Alcayde, Francisco Fernández Naval e os músicos Carmen Torreiro e Francis Olivier.
O 27 de xaneiro de 2025, por iniciativa do Concello da Coruña e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica instalouse unha stolperstein no recordo de Adolfo Bregua Mouriño no número 98 da rúa Mallos, onde se atopaba a casa na que naceu.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Lozano González, David; Pereiro Álvarez, Adriana (2023). Deportados da cidade da Coruña a campos nazis. A Coruña: Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (B) Deportados coruñeses
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Militares de Galicia Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en ano descoñecido