miniatura|Estatua de John Lennon a escala natural, no parque O parque John Lennon é un parque situado en El Vedado, na Habana, Cuba, na rúa 17, entre as rúas 6 e 8, rebautizado así pola colocación dunha estatua a tamaño real de John Lennon, o famoso compositor inglés e membro de The Beatles. A estatua é obra do escultor cubano José Ramón Villa Soberón.

Historia A principios dos anos 90 celebrouse neste parque, establecido na primeira metade do século XX, un concerto masivo ao que asistiron milleiros de habaneiros, para rendirlle a homenaxe que se debía dende hai anos. Neste concerto participaron importantes músicos cubanos, como Silvio Rodríguez, Síntesis e Carlos Varela, entre outros. A partir desa data o parque comezou a chamarse entre os habaneiros como Parque John Lennon.

Apertura Unha década despois, nese mesmo lugar, nun acto masivo ao que asistiron o presidente Fidel Castro e outras autoridades cubanas, intelectuais, músicos e artistas de diversas ramas, deuse a coñecer a estatua do escultor cubano José Villa, quen declarou na inauguración: "a miña proposta foi render homenaxe a unha personalidade rebelde, chea de demos e soños”. Ademais, tivo lugar simultaneamente un xigantesco concerto de rock na Tribuna Antiimperialista José Martí. Naquela ocasión tamén se proxectou na Habana o documental Lennon en La Habana e presentouse o libro El Sargento Pimienta vino a Cuba en un submarino amarillo.

Presente Actualmente o parque é a sede de diversas actividades culturais como concertos, entre outras. Moitos tráenlle flores e mesmo acompañados dunha guitarra cántanlle cancións. A estatua de Lennon ten unha placa coa caligrafía recolle un fragmento de Imagine: "You may say that I'm a dreamer, but I'm not the only one".

A estatua pesa máis de dúas toneladas. As lentes da estatua foron roubadas varias veces e substituídas máis tarde.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

http://www.casantigua.justincuba.com/histodata/spanish/lennon.html

Categoría:Arquitectura de Cuba