miniatura|Æ en Helvetica e Bodoni Æ (en minúscula æ) é un carácter formado polas letras a e e, orixinalmente unha ligadura que representaba o ditongo latino ae. Nalgunhas linguas é considerado unha letra, incluídos o dinamarqués, o noruegués, o islandés e o feroés. Tamén se empregou en sueco antigo antes de cambiar a ä. O alfabeto fonético internacional úsao para representar o son "a" da palabra inglesa "cat".
Como letra do alfabeto latino do inglés antigo chamouse æsc, "freixo," pola runa ᚫ que transliterou; o nome tradicional en inglés aínda é ash ou æsh.
Uso miniatura|O nome Ælfgyva, no tapiz de Bayeux En latín a combinación AE denota o ditongo |ae̯|.James Morwood (1999). Latin Grammar, Oxford University Press. , p. 3 A práctica habitual era escribir as letras por separado, mais a ligadura empregouse en textos medievais e modernos, en parte pola redución de æ á vogal simple |ɛ|durante o Imperio Romano. Nalgúns escritos medievais a ligadura simplificouse a ę, un e con ogonek, chamado e caudata. En francés emprégase para escribir préstamos latinos e gregos como curriculum vitæ, et cætera, ex æquo ou o nome Lætitia. En inglés antigo representaba un son entre a e e. En nórdico antigo representa a vogal longa |ɛː|. En variantes da lingua feroesa pronúnciase segundo os casos |ɛa|, |eː| ou |a|. En islandés representa o ditongo |ai|, que pode ser longo ou curto. En dinamarqués e noruegués é unha letra separada do alfabeto situada entre o z e o ø e o å. En noruegués pode pronunciarse |æː|, |æ|, |eː| ou |e| e en dinamarqués |ɛ| ou |æ|. En oseto empregouse entre 1923 e 1938 cando se escribiu con alfabeto latino. Dende entón úsase a letra idéntica Ӕ e ӕ do alfabeto cirílico. Pronúnciase |ə|. Emprégase tamén na ortografía oficial do kawésqar e do yámana.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Robert Bringhurst (2002). The Elements of Typographic Style, page 271. Vancouver, Hartley & Marks.
Categoría:Tipografía Categoría:Grafémica Categoría:Alfabeto latino