Para outras moedas dun dólar relacionadas coa expedición de Lewis e Clark, véxase Dólar de ouro da Exposición de Lewis e Clark e Dólar Sacagawea
Dólar de prata dobicentenario de Lewis e Clark360x360pxA/: Lewis e Clark de corpo enteiro, coa beira dun río ao fondo. Data e marca da gravadora (DW). Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / LEWIS & CLARK BICENTENNIAL / 1804-1806R/: Medalla da paz e a amizade no centro. Dúas plumas e 17 estrelas. Marca de ceca (P). Lenda: E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR / UNITED STATES OF AMERICA Valor: 1 dólar. Gravador: Donna Weaver. Datas de emisión: 2004 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia. Tiraxe: 494.004 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do bicentenario de Lewis e Clark é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2004 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 106-126, do 6 de decembro de 1999,"Public Law 106-126 - DEC. 6, 1999. Title III - Lewis and Clark Expedition Conmemorative Coin". Uscode.house.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda conmemorativa do bicentenario do comezo da expedición de Lewis e Clark (1804-1806)."Lewis & Clark Bicentennial Silver Dollar". United States Mint.
Deseño Os deseños deste dólar conmemorativo foron presentados en maio de 2004 no Museo de Historia de Missouri, pola directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos Henrietta Holsman Fore."United States Mint Unveils New Lewis and Clark Bicentennial Silver Dollar at Missouri History Museum". United States Mint. 12 de maio de 2004.
No anverso da moeda, deseñado e gravado pola gravadora da US Mint Donna Weaver, reprodúcese unha imaxe de corpo enteiro do comandante Meriwether Lewis (esquerda) e do tenente William Clark (dereirta) planificando unha nova xornada da súa expedición; Lewis sostén un rifle e un diario, e Clark apunta a distancia cun dedo. Ao fondo vese a beira dun río. A escena destá rodeada por lendas alusivas ao bicentenario do inicio da expedición. Neste anverso amósanse tres datas: a do inicio da expedición (1804) a do seu remate (1806) e a de emisión da moeda (2004)."1 Dollar Lewis and Clark Bicentennial". Numista.com
Pola súa banda, o reverso, obra da mesma gravadora, reproduce no seu centro a "medalla da paz e a amizade", coa que Lewis e Clark agasallaron os nativos no transcurso da súa viaxe. Aos seus lados hai dúas plumas, símbolo das culturas indíxenas americanas, e na parte superior 17 estrelas, que representan o número de estados no momento do inicio da expedición.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o mesmo día da súa presentación no Museo de Historia de Missouri, o 12 de maio de 2004."Lewis &Clark Bicentennial Silver Dollar Available May 12". United States Mint. 7 de maio de 2004.
A súa produción foi de 142.015 moedas na súa condición estándar e 351.989 en versión con acabamento especial (proof), o que fai un total de 494.004 exemplares, practicamente no límite de cuñaxes autorizado."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2004 Lewis & Clark Bicentennial Silver Dollar". United States Mint.
A moeda comercializouse aos prezos de 35 dólares en condición estándar e 39 en versión proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse conxuntamente ao Consello Nacional do Bicentenario de Lewis e Clark —dous terzos— e ao Servizo de Parques Nacionais —un terzo—, para financiar as actividades de conmemoración do bicentenario.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"2004 Lewis and Clark Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América