Dólar de prata do230 aniversario do Corpo de Marines360x360pxA/: Marines izando a bandeira dos Estados Unidos en Iwo Jima Data e marca de gravador (NEM). Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / MARINES / 1755-2005R/: Emblema do Corpo de Marines. Marcas de ceca (P) e de gravador (CLV). Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / SEMPER FIDELIS / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: N. E. Nemeth (anv.) e C. L. Vickers (rev.). Datas de emisión: 2005 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia. Tiraxe: 598.481 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do 230 aniversario do Corpo de Marines é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2005 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 108-291, do 6 de agosto de 2004,"Public Law 108-291 - AUG. 6, 2004". Uscode.house.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda conmemorativa do 230º aniversario do Corpo de Marines dos Estados Unidos."Marine Corps 230th Anniversary Silver Dollar". United States Mint.
Deseño No anverso da moeda, deseñado e gravado polo gravador da US Mint Norman E. Nemeth, reprodúcese a icónica escena dos marines izando a bandeira estadounidense sobre Iwo Jima, Xapón, durante a segunda guerra mundial, que foi fotografada por Joe Rosenthal. A escena destá rodeada por lendas alusivas ao 230º aniversario do Corpo de Marines, fundado en 1775."1 Dollar Marine Corps 230th Anniversary". Numista.com miniatura|260x260px|Fotografía de Joe Rosenthal dos marines erquendo a bandeira en Iwo Jima, reproducida no anverso do dólar de prata do 230 aniversario do Corpo de Marines Pola súa banda, o reverso, obra de Charles L. Vickers, reproduce o emblema do Corpo de Marines, cunha aguia, un globo terráqueo e unha áncora.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 600.000 de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia, e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 20 de xullo de 2005."2005 Marine Corps 230th Anniversary Silver Dollar Available July 20". United States Mint.
A súa produción foi de 184.231 moedas na súa condición estándar e 414.250 en versión con acabamento especial (proof), o que fai un total de 598.481 exemplares, practicamente no límite de cuñaxes autorizado."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2005 Marine Corps 230th Anniversary Silver Dollar". United States Mint.
A moeda comercializouse aos prezos de 35 dólares en condición estándar e 39 en versión proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse ao Museo Nacional do Corpo de Marines en Quantico, Virxinia, que desenvolve a súa actividade en colaboración coa Marine Corps Heritage Foundation e co Corpo de Marines dos Estados Unidos.
Recoñecementos O dólar de prata do 230 aniversario do Corpo de Marines foi recoñecido co Premio Moeda do Ano de 2007, á mellor moeda emitida no mundo en 2005."A Patriotic U.S. Coin Wins “Coin of the Year” in International Competition". United States Mint. 10 de xullo de 2007.Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"2005 Marine Corps Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América