María de Medici (en ), nada en Florencia o 26 de abril de 1575 e finada en Colonia (Alemaña) o 3 de xullo de 1642, foi unha nobre italiana, segunda esposa do rei Henrique IV e raíña consorte de Francia de 1600 a 1610, así como rexente durante a minoría do seu fillo Lois XIII, entre 1610 e 1614, permanecendo no poder ata 1617.
Traxectoria
Era filla de Francisco I de Médici, Gran Duque de Toscana coa súa primeira esposa, a arquiduquesa Xoana de Austria. María tivo unha infancia despreocupada ata 1578, cando morreu a súa nai. Á morte da súa muller, o Gran Duque casou coa súa amante, Bianca Cappello. A partir de entón, María de Médici púxose triste e solitaria no Palacio Pitti.
Tiña por compañía só os seus irmáns, Leonor, Ana e Filipe. Porén, Filipe morreu en 1583 e Ana en 1584. Leonor deixou a Toscana para converterse en duquesa de Mantua, casando con Vicente I Gonzaga, duque de Mantua en 1584. Como o único fillo que quedaba do primeiro matrimonio do Gran Duque, María sentiuse moi soa. O seu consolo foi a presenza do seu curmán Virgílio Orsini, e da súa amiga Leonora Galigai, que era a súa irmá de leite.
En outubro de 1587, María pasou baixo a tutela do seu tío, Fernando I, Gran Duque de Toscana, sucesor de Francisco I que morreu o 19 de outubro de 1587. Fernando I renunciou a ser cardeal e casou con Cristina de Lorena. relación conflitiva con María.
Á espera dun posible matrimonio, María converteuse nunha rapaza dedicada ao estudo, á aprendizaxe da historia, das matemáticas, da arte do debuxo, da escultura e da música. Ela herdou do seu pai o amor pola ciencia; era unha apaixonada das xoias e das pedras preciosas, polo que tamén aprendeu a distinguir o real do falso.
Familia Ascendencia
Descendente NomeNacementoFalecementoLois XIII de Francia 14 de maio de 1643 Isabel de Francia 22 de novembro de 1602 6 de outubro de 1644 Cristina de Francia 10 de febreiro de 1606 Nicolao Henrique de Francia 16 de abril de 1607 17 de novembro de 1611 Gastón de Orleáns25 de abril de 1608 2 de febreiro de 1660 Henrietta María de Francia 25 de novembro de 1609 10 de setembro de 1669
Véxase tamén
Outros artigos Medici
Categoría:Nados en 1575 Categoría:Finados en 1642 Categoría:Nados en Florencia Categoría:Casa de Medici