Dólar de prata doParque Nacional de Yellowstone360x360pxA/: Un dos géyseres do parque. Lendas: LLEYOWSTONE / IN GOD WE TRUST / LIBERTYR/: Adaptación do selo do Departamento do Interior. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: Edgar Z. Steever (anv.) e William C. Cousins (rev.) Datas de emisión: 2000 Ceca: US Mint:ceca de Filadelfia (marca de ceca "P"). Tiraxe: 270.158 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 3,1 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata do Parque Nacional de Yellowstone é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida en 1999 e cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos na súa Ceca de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 104-1776, do 20 de outubro de 1996,"Public Law 104-329 - Oct. 20, 1996". GovInfo. gov pola que se creaba por primeira vez nos Estados Unidos unha moeda conmemorativa do Parque Nacional de Yellowstone, con motivo do 125 aniversario da súa creación polo Congreso en 1872."1 Dollar Yellowstone". Numista.com"Yellowstone National Park Commemorative Silver Dollar". United States Mint.

Deseño O anverso do dólar do Parque Nacional de Yellowstone é obra de Edgar Z. Steever, e reproduce un géyser do parque natural, coa característica paisaxe arborada do parque ao fondo.

O deseño do reverso débeselle a William C. Cousins, e consiste nunha adaptación do selo do Departamento do Interior dos Estados Unidos, cun búfalo americano nas chairas, cun sol que se ergue por riba das montañas do fondo.

Produción e comercialización A lei pola que se autorizou este dólar prevía a cuñaxe dunha tiraxe máxima de 500.000 exemplares, tanto convencionais como cun acabamento especial (proof), e a súa distribución abrangueu desde o 16 de xullo de 1999 ata o 15 de xullo de 2000. Finalmente vendéronse 82.563 pezas con acabamento estándar e 187.595 na súa versión proof."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1999 Yellowstone National Park Silver Dollar". United States Mint.

A recadación obtida pola comercialización desta moeda conmemorativa destinouse ao Parque Nacional de Yellowstone e a outros parques nacionais, a través da National Park Foundation.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"1999 Yellowstone Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América