A Universidade da Columbia Británica (en inglés : University of British Columbia, de aí o acrónimo UBC, en francés : Université de la Colombie-Britannique) é unha universidade pública canadense.
Historia Fundada en 1908, a UBC é a institución de ensino superior máis antiga da provincia da Columbia Británica .
Estrutura
Campus A Universidade da Columbia Británica consta de dous campus diferentes: o principal, situado en Vancouver (en inglés: University of British Columbia, Vancouver - UBCV) e o secundario (en inglés: University of British Columbia, Okanagan - UBCO) situado en Kelowna. O campus está situado aproximadamente a dez quilómetros ao oeste do centro de Vancouver, ao que está conectado por unha extensa rede de transporte público.
Colexios Hai dous colexios universitarios no campus de Vancouver, Green College e St. John's College.
TRIUMF A súa parte sur alberga TRIUMF, o Laboratorio Nacional de Física de Partículas e Física Nuclear de Canadá. TRIUMF é o fogar do ciclotrón máis grande do mundo , tamén usado para a produción de isótopos con fins médicos.
Bibliotecas O sistema de bibliotecas da universidade é unha das maiores coleccións do Canadá, aloxada en vinte e unha bibliotecas e salas de lectura.
Outros edificios Outras instalacións importantes da universidade son o teatro Chan Center for the Performing Arts, o Xardín Botánico da UBC e o Museo de Antropoloxía da Universidade da Columbia Británica.
Comunicacións A universidade publica o semanario The Ubyssey, fundado en 1918 e editado por estudantes; tamén conta cunha emisora de radio, CITR-FM, activa desde 1937.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Museo de Antropoloxía da Universidade da Columbia Británica Green College, Universidade da Columbia Británica Universidades no Canadá Columbia Británica
Categoría:Vancouver