Edwin Ray Lankester, nado en Westminster o 15 de maio de 1847 e finado en Chelsea (Londres) o 13 de agosto de 1929, foi un naturalista, zoólogo, e algólogo británico.
Traxectoria Lankester foi catedrático de Zooloxía no University College de Londres entre 1874 e 1890, catedrático de anatomía comparada na Universidade de Oxford entre 1891 e 1898, e director do Museo de Historia Natural entre 1898 e 1907. En 1884 fundou a Asociación de Bioloxía mariña en Plymouth. Lankester exerceu unha grande influencia como profesor e escritor de teorías biolóxicas, anatomía comparada e evolución.
Obra Do mesmo xeito que Francis Balfour, Lankester pertence á xeración de naturalistas que se formou despois da publicación de A orixe das especies, en cuxa aceptación xogaron un papel fundamental as teorías de Ernst Haeckel. Na súa tentativa de integrar os datos da anatomía e a embrioloxía no marco evolucionista, postulou a súa “teoría da plánula” (capas xerminais), moi similar á da Gastraea de Haeckel.
Segundo Lankester, existían tres clases animais: Homoblastica (Protozoa), Diploblastica (Coelenterata) e Triploblastica (caracterizada por unha terceira capa -o mesodermo- e unha cavidade interna a este). Así, a partir da teoría das capas germinales, Lankester demostraba a monofilia de todos os tripoblásticos. miniatura|380x380px| Na fila de atrás, de esquerda a dereita, F. O. Barlow, G. Elliot Smith, Charles Dawson, Arthur Smith Woodward. Na de en fronte: A. S. Underwood, Arthur Keith, W. P. Pycraft e Sir Ray Lankester.
Na cultura popular Lankester era un home grande, cunha gran presenza, de cálidas simpatías humanas e na súa infancia un gran admirador de Abraham Lincoln. As súas intervencións, respostas e defensas foron moitas veces coloridas e contundentes
Lankester aparece, pouco disfrazado, en varias novelas. É o modelo de Sir Roderick Dover na novela H. G. Wells' Matrimonio (Wells fora un dos seus estudantes), e en Europa de Robert Briffault, que contén un brillante retrato de Lankester, incluíndo a súa amizade con Karl Marx. (Lankester foi unha das oito persoas no funeral de Marx). Tamén ten sido suxerido como modelo para o Profesor Challenger en The Lost World de Arthur Conan Doyle,Lester, páxinas 60, 187–8, 199–202. pero o propio Doyle dixo que Challenger estaba baseado nun profesor de fisioloxía da Universidade de Edimburgo chamado William Rutherford.pxxiii na edición de Oxford de O mundo perdido. William Rutherford (1839–1899), titular da Cátedra de Fisioloxía de Edimburgo desde 1874.Arthur Conan Doyle 1930. Memories and adventures. Murray, London. p. 32.
Lankester era un personaxe popular e pareceu en caricaturas de revistas como a Vanity Fair. Vida persoal
E. Ray Lankester nunca casou. En 1895 foi acusado de conduta desordenada e resistencia ao arresto mentres estaba en compañía dun grupo de prostitutas na rúa, pero foi absolto.The Professor And The Policeman, Birmingham Daily Post, 7 de outubro de 1895. , p5. (É incorrecto, como se alegaba,McKenna, Neil "The Secret Life Of Oscar Wilde", Century, 2003, p. 250. que a acusación se refería a delitos homosexuais).
Recoñecementos Medalla Copley (1913). Pódese ver unha placa conmemorativa finamente decorada no Golders Green Crematorium, Hoop Lane, Londres.
Publicacións
On the Use of the Term Homology in Modern Zoology, and the Distinction between Homogenetic and Homoplastic Agreements. En: Ann. e Magazine of Natural History, Zoology, Botany, and Geology 4 (6 ) 1870: 34–43 A Monograph of the Cephalaspidian Fishes (1870) Comparative Longevity (1871) Developmental History of the Mollusca (1875) Degeneration (1880) Limulus, han Arachnid (1881) Spoilia Maris (1889) The Advancement of Sciences (obra colectiva, 1889) Zoological Articles 1891) A Treatise on Zoology (1900-09) (editor) Extinct Animals (1905) Nature and Man (1905) The Kingdom of Man (1907) Monograph of the Okapi (1910) Science from han Easy Chair (1910) Diversions of A Naturalist (1915) Science and Education (1919) Secrets of Earth and Sea (1920) Great and Small Things (1923)
Honras
Editor
Quarterly Journal of Microscopical Science (a partir de 1860) Treatise on Zoology (1900-1909) memorias de Thomas Henry Huxley (1825-1895)
Eponimia
(Orchidaceae) Stenotyla lankesteriana (Pupulin) Dressler Lankesteriana 5(2): 96. 2005
Abreviaturas A abreviatura Lankester emprégase para indicar a Ray Lankester como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
A abreviatura Lank. emprégase para indicar a R. Lankester como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais
Notas
Véxase tamén
Bibliografía «Edwin Ray Lankester». Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI). Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade Harvard e Herbario Nacional Australiano (eds.).
Ligazóns externas
Archive.org Obras dispoñibles en liña
Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Medalla linneana Categoría:Medalla Copley Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Xornalistas de Inglaterra Categoría:Socialismo