Nemesio (en latín Nemesius, en grego ) foi un escritor grego. Suponse que foi bispo de Emesa, segundo a introdución da súa obra, e certamente era un cristián piadoso. A súa época é incerta pero suponse que viviu a finais do século IV e principios do século V, xa que o menciona Anastasio de Nicea e Nemesio menciona a Eunomio.
Traxectoria Escribiu Περὶ Φύσεως Ἀνθρώπον, 'De Natura Hominis' Sobre a natureza do home, un interesante tratado filosófico moi eloxiado por todos os que o mencionaron, que en ocasións foi atribuído a Gregorio de Nisa, erro que probabelmente xurdiu ao confundir este tratado co libro de Gregorio titulado Περι Κατασκυῆς Ἀνθρώπου, De Hominis Opificio.
Nemesio tamén gañou fama polos seus coñecementos de fisioloxía. Coñecía as funcións da bile e tamén sabía como funciona o sistema de circulación sanguínea1.Nemesius a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1152.
Notas
Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Bispos Categoría:nados no século IV Categoría:Finados no século V