Dositeo (en latín Dositeus, en grego antigo Δωσίθεος) nado en Colonos no século -III e finado no século -II, foi un xeómetra grego, a quen Arquímedes dedicou algúns dos seus libros (Sobre a esfera e o cilindro e Sobre as espirais).

Censorino di que mellorou o Octaeteris de Eudoxio. As súas observacións sobre a aparición de estrelas fixas feitas ao redor do -200 serviron despois a Xémino de Rodas e Claudio Ptolomeo. É mencionado por Plinio o VelloPlinio o Vello. Naturalis Historia, XVIII, 31. Fabricio inclúeo na Bibliotheca GraecaDositheus of Colonus a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1070.

Notas

Categoría:Personalidades das matemáticas Categoría:Nados no século -III Categoría:Finados no século -II Categoría:Personalidades de Colonos na Antigüidade