María Luísa Vidal Collazo, máis coñecida como Marisa Vidal Collazo, nada en Corme en 1966, é unha profesora, escritora, teóloga e feminista galega.

Traxectoria Estudou no IES Rosalía de Castro de Santiago, licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela e diplomouse en Ciencias Relixiosas na Universidade Pontificia Comillas ICAI-ICADE.

É profesora de Relixión Católica e Física e Química en educación Secundaria. Foi coordenadora da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria e participante na Rede Galega en apoio a Persoas refuxiadas, na Red Miriam ou na Asociación de Teólogas Españolas.

Foi secretaria da mesa de redacción da revista Encrucillada na que escribiu sobre relixión, galeguismo e femininismo. Tamén colaborou en Irimia, Andaina e Nós Diario.

Obra

Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV (2022). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Sole Pita Sanjurjo. 132 páxs. ISBN 978-84-9151-801-3.

Premios

2024: primeiro premio do concurso literario Rosa de cen follas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por Pequena achega.

Notas

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Teólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas