Death on the Nile é un filme británico-estadounidense de 2022 dirixido por Kenneth Branagh a partir dun guión Michael Green. Baséase na novela homónima de Agatha Christie. Foi producido por Branagh, Ridley Scott, Judy Hofflund e Kevin J. Walsh. O filme é unha secuela de Asasinato no Orient Express (2017), e está protagonizado por Tom Bateman, Annette Bening, Branagh, Russell Brand, Ali Fazal, Dawn French, Gal Gadot, Armie Hammer, Rose Leslie, Emma Mackey, Sophie Okonedo, Jennifer Saunders e Letitia Wright. Branagh e Bateman retoman os seus papeis do filme anterior, interpretando a Hercule Poirot e Bouc, respectivamente. Esta é a terceira adaptación da novela de Christie, despois do filme de 1978 e un episodio de televisión na serie Agatha Christie's Poirot emitida en 2004. A fotografía principal realizouse en setembro de 2019, a rodaxe produciuse en Longcross Studios, Inglaterra, e rematou en decembro dese ano.

Death on the Nile estreouse internacionalmente en varios países o 9 de febreiro de 2022, e no Reino Unido e nos Estados o 11 de febreiro, despois de varios adiamentos por mor da pandemia de COVID-19. O filme recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que o percibiu como inferior ás adaptacións anteriores mais apreciou o seu estilo. Recadou máis de 136,9 millóns de dólares sobre un orzamento de 90 millóns, converténdose no noveno filme con maior recadación de 2022 nos Estados Unidos.

Personaxes Tom Bateman como Bouc Annette Bening como Euphemia Kenneth Branagh como Hercule Poirot Russell Brand como Linus Windlesham Ali Fazal como Andrew Katchadourian Dawn French como Mrs. Bowers Gal Gadot como Linnet "Linnie" Ridgeway-Doyle Armie Hammer como Simon Doyle Rose Leslie como Louise Bourget Emma Mackey como Jacqueline "Jackie" de Bellefort Sophie Okonedo como Salome Otterbourne Jennifer Saunders como Marie Van Schuyler Letitia Wright como Rosalie "Rosie" Otterbourne Susannah Fielding como Katherine

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kenneth Branagh Categoría:Filmes baseados en obras de Agatha Christie Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de TSG Entertainment Categoría:Filmes de Scott Free Productions Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Exipto Categoría:Filmes ambientados en Bélxica Categoría:Filmes ambientados en 1937 Categoría:Filmes ambientados en 1914 Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19