José Pequeño Rodríguez, nado en Nigrán cara a 1884, foi un político galego.

Traxectoria Estivo emigrado no Uruguai. Veciño de Borreiros, foi presidente da sociedade agraria de Borreios en 1929.El Pueblo Gallego, 25-12-1929, p. 8. Nas eleccións do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro de Gondomar.El Pueblo Gallego, 2-6-1931, p. 10. Na Segunda República foi alcalde de Gondomar en 1932.Vida Gallega, 10-9-1932, p. 46. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión o 16 de outubro con Rogelio Lorenzo González (tenente de alcalde), José Vargas Lorenzo, José Cribeiro González, Joaquín Míguez Ledo, Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias (a) Cañón, Manuel Domínguez Sanromán e Feliciano Vargas,El Diario de Pontevedra, 16-10-1936, p. 2. foi absolto. Conseguiu fuxir a Lisboa e desde alí saíu cara a Montevideo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Base de datos de concelleiros represaliados

Categoría:Alcaldes de Gondomar

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Galegos do Uruguai

Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Nigrán

Categoría:Nados en 1884