Atoumane Diagne, nado o 31 de decembro de 1998 en Dakar, é un xogador de baloncesto profesional senegalés que xoga no Leyma Coruña da Liga ACB.
Traxectoria Nado en Dakar, alí pasaba o tempo libre xogando ao baloncesto na rúa cos seus amigos. O seu físico chamou a atención dun axente que lle ofreceu a opción de ir a España para formarse como xogador e persoa, trasladándose a Tenerife para comezar no CB Unelco. En apenas uns meses foi capturado polo FC Barcelona, incorporándose ao equipo cadete na 2013/14 co que gañou o campionato de España nesa categoría. Na tempada 2014/15 debutou na LEB Plata co filial do FC Barcelona, e na seguinte tempada na LEB Oro con tan só 17 anos, gañando tamén o campionato de España júnior. Continúa en LEB Ouro co FC Barcelona B e na tempada 2016/17 rexistrou 4,1 puntos e 4 rebotes, medias que melloran na 2017/18 acadando 7,9 puntos e 7,6 rebotes (sexto mellor rebotador da competición), debutando na Liga ACB co FC Barcelona e disputa catro partidos da máxima categoría. Na 2018/19 acreditou 6,9 puntos, 6,4 rebotes e 1,7 tapóns (segundo mellor da liga).
En xullo de 2019, foi cedido ao CSP Limoges da liga LNB (primeira división francesa) para xogar a tempada 2019/20. Co club francés participou en 26 partidos (7 deles na Eurocup) conseguindo medias de 3,1 puntos e 3,2 rebotes en 10 minutos por partido.
Tras desvincularse do FC Barcelona, o central senegalés pasaría a tempada 2020-21 en branco, debido a unha lesión antes do inicio da tempada e posteriormente ás restricións do covid 19 que dificultaron que marche do seu país coa tempada xa comezada.
O 12 de agosto de 2021, asinou co Básquet Coruña, equipo galego da LEB Ouro, para disputar a tempada 2021-22. O 17 de xullo de 2023, Diagne e o Básquet Coruña renovaron o seu compromiso por unha tempada máis, a terceira do xogador na Coruña.
Notas
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Dakar Categoría:Xogadores de baloncesto do Senegal Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do CSP Limoges Categoría:Xogadores do Club Básquet Coruña