Alfonso Vega Olivera, nado en Madrid cara a 1907 e finado en Pontevedra o 7 de decembro de 1936, foi un avogado, funcionario e político español.
Traxectoria Aprobou as oposicións de ingreso no Corpo técnico de Correos en 1934,Gaceta de Madrid, 6-7-1934, p. 201. e foi nomeado Administrador de Correos de Sanxenxo. En xaneiro de 1936 foi elixido vogal da directiva de Izquierda Republicana de Sanxenxo presidida por Manuel Iglesias Constenla.El País, 17-1-1936, p. 1. En abril de 1936 foi agredido por Modesto Gómez Romay.El Pueblo Gallego, 25-04-1936, p. 13. Colaborou en El País co pseudónimo Al Gave de Arevilo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado da orde pública de Sanxenxo o día 20. Puxo ás súas ordes o destacamento de Carabineiros de Noalla e requisou varios coches particulares. Exerceu como delegado ata o día 22, cando a Garda Civil e membros das milicias falanxistas chegaron á vila. Detido, estivo preso na Illa de San Simón. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 20 de novembro na causa 832/36 con José Carballa Sanín e José Lorenzo Señoráns,El Pueblo Gallego, 21-11-1936, p. 4. foi condenado a pena de morte. Foi executado no quilómetro 1 da Avenida de Uruguai (Monte Porreiro) o 7 de decembro de 1936.El Pueblo Gallego, 8-12-1936, p. 10.
Vida persoal
Casou con Teresa Llorente Barahona.El Pueblo Gallego, 17-11-1934, p. 11.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Avogados de España Categoría:Políticos de Izquierda Republicana
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades sen imaxes