O recordo de Marnie (en ; Omoide no Mānī) é un filme xaponés de 2014 escrito e dirixido por Hiromasa Yonebayashi, producido por Studio Ghibli e distribuído por Toho. Baséase na novela homónima de Joan G. Robinson escrita en 1967.

O filme segue a Anna Sasaki aloxándose cos seus parentes nunha cidade do Parque Nacional de Kushiro-shitsugen, Hokkaido. Anna atópase cunha mansión abandonada próxima, onde coñece a Marnie, unha misteriosa moza que lle pide que prometa gardar os seus segredos. A medida que avanza o verán, Anna pasa máis tempo con Marnie e, finalmente, Anna descobre a verdade sobre a súa familia.

Notas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Hiromasa Yonebayashi Categoría:Filmes de Studio Ghibli Categoría:Filmes ambientados no Xapón