The Man in the High Castle é unha serie de televisión estadounidense de historia alternativa e distópica creada para o servizo de vídeo de streaming Amazon Prime Video. A serie contan a historia dun universo paralelo onde as Potencias do Eixe da Alemaña nazi e o Imperio do Xapón gobernan o mundo despois de gañar a segunda guerra mundial. Foi creada por Frank Spotnitz e producida por Amazon Studios, Scott Free Productions (con Ridley Scott como produtor exectivo), Headline Pictures, Electric Shepherd Productions e Big Light Productions. Está baseada na novela homónima de 1962 escrita por Philip K. Dick.
O episodio piloto estreouse en xaneiro de 2015, e Amazon encargou unha tempada de dez episodios o mes seguinte, a cal se estreou en novembro. A segunda tempada, de dez episodios tamén, estreouse en decembro de 2016, e a terceira o 5 de outubro de 2018. A cuarta e derradeira tempada estreouse o 15 de novembro de 2019.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019 Categoría:Series de televisión de Prime Video Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América