A lactoferricina é un péptido catiónico anfipático con propiedades antimicrobianas e anticanceríxena. Pode xerarse pola dixestión proteolítica da lactoferrina realizada pola pepsina.
A lactoferricina é o péptido antimicrobiano (AMP) máis estudado derivado das proteínas do leite. A secuencia completa da lactoferricina corresponde ao fragmento 17-41 da lactoferrina (FKCRRWQWRM KKLGAPSITCVRRAF; LFB0084 ) e secuencias dentro deste fragmento son tamén antimicrobianas. A base de datos MilkAMP contén un total de 111 péptidos (naturais, sintéticos e modificados) comprendidos ou derivados da lactoferricina completa. En humanos a lactoferricina corresponde ao fragmento 1-47 da lactoferrina pero consta de dúas subunidades, concretamente os fragmentos 1-11 e 12-47 (LFH0009 ), conectados por unha ponte disulfuro.
A lactofericina humana e a bovina son dúas formas moi estudadas da lactoferricina. Entre elas hai grandes diferenzas na secuencia. A lactoferricina bovina contén 25 residuos, mentres que a humana contén 49 residuos. Ademais, a lactoferricina bovina cando se sitúa en solución forma unha folla β-pregada, mentres que a lactoferricina humana forma unha estrutura enroscada.
Notas
Categoría:Péptidos