Zefiro 9 é un motor foguete usado como terceira etapa do lanzador europeo Vega.

Características O motor Zefiro 9 usa propelente sólido HTPB 1912 e foi desenvolvido pola empresa Fiat-Avio para introducir tecnoloxías de baixo custo en foguetes de propelente sólido para ser reutilizadas en futuras evolucións do foguete Ariane 5. Entre as novas tecnoloxías usadas están o uso dunha carcasa de epoxy-grafito de 3 metros de diámetro, o uso de goma de baixa densidade para o illamento interno, unha baixa proporción de ligante e unha alta proporción de aluminio no propelente, unha tobeira simplificada que fai uso dun material lixeiro a base de carbono fenólico, un acendedor consumible e control vectorial da tobeira mediante un dispositivo electromecánico que fai uso de baterías de ión litio.

Notas

Véxase tamén Outros artigos P80 Zefiro 23 Vega (foguete) Ariane 5

Categoría:Motores foguete