George David "Zambo" Zamka, nado en Nova Jersey o 29 de xullo de 1962, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-130 e STS-120.
Traxectoria Zamka graduouse en matemáticas pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1984 e é máster en xestión de enxeñaría polo Instituto de Tecnoloxía de Florida en 1997. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1998, participando nas misións STS-130 e STS-120 e pasando 28,85 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-130 STS-120
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Nova Jersey