YouthSat é un satélite artificial colaboración entre o ISRO e a Univesidade M. V. Lomonosov lanzado o 20 de abril de 2011 a bordo dun foguete PSLV desde o Centro Espacial Satish Dhawan.
Características Youthsat, cunha masa de 92 kg, foi deseñado e contruído pola axencia espacial india ISRO e a universidade rusa M. V. Lomonosov. Os obxectivos da misión de YouthSat son
Estudar a radiación solar. Proporcionar experiencia a estudantes con experimentos espaciais e procesamento de datos. Crear unha plataforma mundial común para estudantes de materias aeroespaciais para levar a cabo experimentos conxuntos.
O satélite leva a bordo os seguintes experimentos:
SolRad para medir os raios X solares no rango entre 10 e 100 keV, os raios gamma entre 0,02 e 5,0 MeV, electróns entre 0,3 e 3,0 MeV e protóns entre 3 e 100 MeV. RaBIT, unha radiobaliza para estudar a ionosfera. Unha cámara hiperespectral para o estudo do limbo atmosférico no rango visible.
Notas
Véxase tamén Outros artigos PSLV
Categoría:Satélites artificiais