Javier Campos de la Fuente, nado en Ponferrada en 1972, é un político berciano.
Traxectoria Estudou enxeñería técnica industrial e é profesor de secundaria por oposición. Militante do PSOE, participou en varias executivas locais do seu partido en Ponferrada, foi membro do comité autonómico entre 2012 e 2014 e concelleiro de Ponferrada de 2007 a 2011, e asemade conselleiro do Consello Comarcal do Bierzo. Entre 2011 e 2015 foi procurador das Cortes de Castela e León. De novo, de 2015 ata 2019 foi concelleiro en Ponferrada e máis integrou o Consello Comarcal do Bierzo. Nas eleccións autonómicas de 2019 foi o segundo pola provincia de León e resultou outra volta elixido procurador nas Cortes, repetiu posto, e tamén logrou a acta de procurador, nas eleccións de 2022. Dende decembro de 2017 é secretario de cohesión e dereitos sociais da executiva socialista da provincia de León. Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Concelleiros de Ponferrada Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León Categoría:Políticos do PSOE