Jesús González Tutor, nado en Madrid en 1943Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 18-7-1993, p.45. e finado en Valdoviño o 31 de xaneiro de 2008, foi un médico e político galego e madrileño do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Licenliado en Medicina e especializado en Cardioloxía. En 1980 trasladouse a Valdoviño coa súa familia, ocupando unha praza na unidade de coidados intensivos do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Nas eleccións municipais de 1983 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Valdoviño logrando a vitoria cun 48% dos votos, ó bordo da maioría absoluta, e sendo elixido como cabeza da lista máis votada. Durante o seu mandato compaxinou a alcaldía co seu traballo no hospital, logrando numerosos avances en materia de infraestruturas e demais equipamentos, coma o centro de saúdeEntrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 18-7-1993, p.45.. Non se presentou á reelección nas municipais de 1987, concorrendo no undécimo posto da candidatura socialistaLa Voz de Galicia, Ferrol, 13-5-1987, p.39. e retirándose da política, centrándose dende entón no seu traballo como médico no hospital.

Vida persoal Estaba casado e tiña dous fillos, despois de divorciarse casou de novo e tivo dúas fillas. Amante da costa galega, adoitaba veranear na zona de Estaca de Bares, ata que descubreu Valdoviño e decideu establecerse alí en 1980 tras solicitar unha praza no hospital ferrolán Arquitecto MarcideEntrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 18-7-1993, p.45.. Finou o 31 de xaneiro de 2008Fallece Jesús González Tutor, el segundo alcalde de Valdoviño en la democracia.

Notas

Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Valdoviño

Categoría:Alcaldes de Valdoviño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Finados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes