Paul Joseph Weitz, nado en Erie, Pensilvania, o 25 de xullo de 1932 e finado o 23 de outubro de 2017, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Skylab 2 e STS-6.

Traxectoria Weitz graduouse en enxeñaría aeronáutica pola Universidade do Estado de Pensilvania en 1954 e foi máster na mesma materia pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1964. Foi seleccionada como astronauta pola NASA en abril de 1966, participando nas misións Skylab 2 (como piloto) e STS-6 (como comandante), pasando 33,05 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Skylab 2 STS-6

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados no condado de Erie, Pensilvania