O Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang é o centro de lanzamento de foguetes de China localizado máis ao sur. Desde el lánzanse entre eles os foguetes CZ-5 e CZ-7.
Características O centro está localizado ao leste da illa de Hainan, na costa, ao contrario que os tres outros centros de lanzamento da China, situados no interior. A súa localización na costa reduce o risco de caída de etapas de foguetes en zonas poboadas e amplía o rango de acimut no que se poden facer lanzamentos, ademais de permitir a chegada ao centro de lanzamento de etapas de maior tamaño por barco, eliminando a restricción de tamaño imposta polos transportes por estrada ou ferrocarril. A súa localización cara ao sur permite poñer en órbita maiores cargas usando os mesmos foguetes.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Longa Marcha Centro de lanzamento de Xichang Centro de lanzamento de Taiyuan Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan
Categoría:Cosmódromos Categoría:China