Historia de Galicia é unha colección de libros en lingua castelá (sete tomos) do historiador galego Benito Vicetto, publicada entre 1865 (Tomo I) e 1873 (Tomo VII), en Ferrol, no establecemento tipográfico de Nicasio Taxonera.Edición orixinal, en sete tomos en Galiciana.

Descrición A obra narra a historia de Galicia cunha perspectiva propia do romanticismo da época, abranguendo un período temporal que vai da prehistoria até o reinado de Isabel II.

Reedicións Xa postumamente, reeditouse na imprenta de La Colonia Española de Montevideo, en dous volumes, en 1880 (v. 1) e 1882 (v. 2), o primeiro incluíndo os tomos I, II, III e IV e o segundo incluíndo os tomos V, VI e VII.Edición de Montevideo, en dous volumes na Biblioteca Nacional de España.Edición de Montevideo, en dous volumes en Galiciana.

En 1979 foi editada en facsímile por Alvarellos Editora. Tamén en 1979, foi editada, conxuntamente coa Historia de Galicia de Manuel Murguía nun total de 14 volumes, pola editorial da Gran Enciclopedia Vasca, co patrocinio da Real Academia Galega.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia de Galicia Historia de Galicia de Manuel Murguía Ligazóns externas Historia de Galicia en Galiciana. Biblioteca de Galicia.

Categoría:Obras literarias de 1865 Categoría:Obras literarias en castelán Categoría:Historiografía de Galicia Categoría:Libros no dominio público Categoría:Libros de historia