O nistagmo ou nistaxe é unha afección ocular que provoca un movemento incontrolado, rápido e brusco dos ollos, xeralmente dun lado a outro, pero ás veces cara a arriba e abaixo ou nun movemento circular. A maioría das persoas con nistagmo teñen mala visión. Provoca problemas na educación, no emprego e en moitas situacións sociais. O nistagmo non se pode arranxar con lentes ou lentes de contacto, aínda que moitas persoas con nistagmo usan lentes ou lentes de contacto para corrixir outros problemas oculares. Tipos

Nistagmo aural. Causado por trastornos do labirinto. Nistagmo calórico. Inducido polo lavado do oído con auga ou aire quentes ou fríos. Nistagmo da mirada. Maniféstase ao mirar cara á dereita ou á esquerda. Nistagmo de fixación. Nistagmo que aparece só cando se mira fixamente un obxecto. Nistagmo de posición. O que ocorre ou se altera en forma ou intensidade con certas posicións da cabeza. Nistagmo espontáneo. O que ocorre sen estimulación vestibular. Nistagmo latente. O que aparece só cando se tapa un ollo. Nistagmo vestibular ou labiríntico. Nistagmo causado por un trastorno vestibular no que os movementos oculares

Causas do nistagmo miniatura| NistagmoO nistagmo pode ser de nacemento ou adquirido. O primeiro é a Síndrome de Nistagmo Infantil (SNI) que algunhas persoas teñen ao nacer;

O segundo tipo coñécese como nistagmo adquirido que ten varias causas, incluíndo:

Alcol Deficiencia de tiamina Deficiencia de vitamina B12 Drogas, especialmente sedantes Enfermidades que poden afectar o control dos ollos por parte do cerebro, como un tumor ou a esclerose múltiple. Lesión na cabeza Problemas do oído interno como a labirintite ou a enfermidade de Meniere

Características do nistagmo

As persoas con nistagmo normalmente non ven o mundo en movemento, pero si o fan ocasionalmente. Teñen mala visión de distancia, pero a maioría teñen unha boa visión de preto. O nistagmo non é doloroso. Entre 1 de cada 1000 e 1 de cada 2000 persoas teñen nistagmo. O nistagmo pode ser hereditario, e tamén ter outras causas non xenéticas. A maioría das persoas con nistagmo poden ver o suficientemente ben como para conducir un automóbil O nistagmo non empeora coa idade, mesmo pode mellorar co tempo

Tratamentos e investigación Actualmente non hai cura para todos os tipos de nistagmo, pero hai asociacións que promoven a investigación sobre esta condición complexa (por exemplo a UK Nystagmus Network en Inglaterra e Gales). Como resultado, hai diversas investigacións en curso en varias universidades.

A cirurxía utilízase tanto para reducir a intensidade do nistagmo como para mellorar a percepción visual, así como para mellorar a posición anómala da cabeza no caso de que isto se produza.

A terapia de ximnasia ocular de forma complementaria ten mostrado ser de utilidade.

Parte da rehabilitación consiste en reducir a ambliopía que xera a enfermidade. O diagnóstico e o tratamento pode ser feito oportunamente mediante un equipo multidisciplinar: optometrista, oftalmólogo ou oftalmólogo pediatra, estrabólogo, ortoptista e terapeuta visual.

En Galiza A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria reflicte o nistagmo como "patoloxía frecuente" no manual de orientación para o alumnado con discapacidade visual.

A data de 2022 non había ningunha asociación de doentes de nistagmo rexistrada no Servizo Galego de Saúde.

Terminoloxía Unha nistagmografía é unha técnica para rexistra-los movementos nistágmicos, un nistagmógrafo é un instrumento que se emprega para rexistrar e medi-la amplitude dos movementos do globo do ollo no nistagmo, e un nistagmograma o trazado ou rexistro gráfico dos movementos oculares no nistagmo.

Etimoloxía Do grego υσταγμος (nystagmos), acción de adurmiñar ou resistir o sono.

Documentado en 1655 co sentido de somnolencia e en 1772 referido á visión. Rexistrado en descricións médicas no século XIX: en 1814 (Nysten); 1822 (Plenk); 1855 (Larrey, Congenital double nystagmus de Arch. d'ophtalmologie) e en 1869 cun significado xa similar ao actual.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Giovanni, C. & Rivera, C. (1999). Oscillopsia: confuse symptom. Universitas Médica, 40(3):122-124. Polsdorfer, J. R. (2002). Nystagmus. In D. S. Blanchfield & J. L. Longe (Eds.), The Gale Encyclopedia of Medicine (2nd ed., Vol. 4, pp. 2371-2372). Detroit: Gale. Reilly, M. (2006). Nystagmus. In K. Krapp & J. Wilson (Eds.), The Gale Encyclopedia of Children's Health: Infancy through Adolescence (Vol. 3, pp. 1332-1335). Detroit: Gale.

Ligazóns externas

http://www.nystagmus.co.uk nystagms.co.uk http://www.nystagmusnet.org nystagmusnet.org Categoría:Doenzas Categoría:Doenzas visuais