A alta fantasía, tamén coñecida como fantasía épica, é un subxénero da fantasía definida pola natureza épica da contorna na que se desenvolve polo status épico das personaxes, tema ou argumento. O termo inglés "high fantasy" acuñouno Lloyd Alexander no seu ensaio de 1971 titulado "High Fantasy and Heroic Romance", orixinalmente presentado en outubro de 1969 na New England Round Table of Children's Librarians ("mesa redonda de bibliotecarios infantís de Nova Inglaterra").

Características A alta fantasía desenvólvese nun mundo alternativo e ficticio ("Secundario"), e non no mundo "real" ou "Primario". Este mundo secundario adoita ser consistente internamente, mais as normas polas que se rexe difiren das do mundo primario. Pola contra, a baixa fantasía caracterízase por ter lugar na Terra, o mundo primario ou real ou un mundo ficticio que sexa racional e familiar e inclúa elementos máxicos.C. W. Sullivan aporta unha definición máis complexa en "High Fantasy", capítulo 24 da International Companion Encyclopedia of Children's Literature de Peter Hunt e Sheila G. Bannister Ray (Routledge, 1996 e 2004).

Os romances de William Morris, como The Well at the World's End, que teñen lugar nun mundo medieval imaxinario, considéranse ás veces os primeiros exemplos de alta fantasía. As obras de J. R. R. Tolkien –especialmente O Señor dos Aneis– recoñécense coma os arquetipos de alta fantasía. The Crhonicles of Thomas Covenant de Stephen R. Donaldson é outro exemplo dunha saga de alta fantasía.

Moitas historias de alta fantasía son contadas dende o punto de vista dun heroe. Normalmente, a meirande parte da trama ten lugar en torno á súa herdanza ou natureza misteriosa á vez que un problema que ameaza o seu mundo. En moitas novelas o heroe é un orfo ou irmán especial e adoita estar representado como alguén cun talento extraordinario para a maxia ou o combate. Comeza a historia sendo novo, se non sendo un neno, ou preséntanse sendo débiles ou inútiles.

En moitos casos, o heroe comeza como unha figura infantil que madura rapidamente e experimenta unha mellora considerable nas súas habilidades para a loita e resolución de problemas a medida que avanza.

A medida que a historia avanza, o personaxe descubrirá a natureza das forzas descoñecidas que están na súa contra, forzas que son poderosas e malévolas. Os viláns neste tipo de historias son completamente malvados e fríos.

O concepto de "alta fantasía" normalmente abrangue un número de diferentes tipos de fantasía entre os cales se inclúe a fantasía heroica, fantasía épica, fantasía mítica, fantasía escura e wuxia. Normalmente non se considera dentro desta categoría o xénero de espada e feitizaría.

Tradicionalmente, considérase que a alta fantasía evoca unha sensación de abraio.

Temas A alta fantasía definiuse moitas veces polos seus temas e mensaxes. O ben contra o mal é un dos temas máis comúns na alta fantasía e definir as características do mal adoita ser un tema de alta importancia nas obras de alta fantasía, como é n'O Señor dos Aneis. A importancia do concepto do ben contra o mal considérase a principal diferenza entre alta fantasía e a espada e feitizaría. En moitas obras de alta fantasía este conflito apunta a unha preocupación por asuntos morais; noutras obras, este conflito é unha loita polo poder atopando, por exemplo, magos comportándose de xeito irresponsable, independentemente de seren "bos" ou "malos".

Escenarios de xogos Xogos de rol como Dungeons & Dragons que inclúen escenarios de campaña como Dragonlance de Tracy Hickman e Margaret Weis e Forgotten Realms de Ed Greenwood son a base para moitos libros de fantasía, e moitos autores continúan aportando as súas contribucións a estes escenarios.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fantasía heroica Fantasía histórica Xénero literario Baixa fantasía

Categoría:Xéneros literarios