Manuel Caamaño Eiras, nado en Padrón cara a 1904, foi un chofer e político galego.
Traxectoria Fillo de Jaime Caamaño Comparada e irmán de Daniel Caamaño Eiras. Chofer de Padrón. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi inculpado en Santiago de Compostela por agresión á forza armada pero posto en liberdade por falta de probas. Foi multado en Santiago de Compostela en xuño de 1937 por deixar un camión abandonado.El Pueblo Gallego, 16-6-1937, p. 8. En novembro de 1938 incitou aos soldados do rexemento de Infantaría Zamora de Pontevedra que viaxaban en tren a sublevarse e non obedecer as ordes dos superiores. Detido, foi xulgado o 27 de xuño de 1939 e condenado a dous anos de prisión por un delito de sedición. Preso na Prisión de Pontevedra, saíu en liberdade provisional en abril de 1940.BOE, 10-4-1940, p. 2440 . En febreiro de 1940 foille imposta a sanción de dez anos de inhabilitación absoluta e outros dez de desterro a máis de 200 quilómetros de Padrón.El Ideal Gallego, 29-2-1940, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1904