Juan Bautista Santos Ramos, nado en Xaviña (Camariñas) o 27 de marzo de 1943 e finado na mesma parroquia o 3 de xuño de 2023, foi un político galego.

Traxectoria Nas eleccións municipais de 1979 formou parte da candidatura do PSdeG-PSOE en Camariñas, como número 4, e foi elixido concelleiro, sendo a segunda forza máis votada trala UCD, que lograra a maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura socialista e resultou elixido alcalde con maioría absoluta. Porén, anuláronse os resultados nas mesas de Camariñas e Xaviña, polo que se repetiron as eleccións en ditas mesas en novembro de 1983Nova en La Voz de Galicia A Coruña, 6-11-1983 p.1 confirmando a maioría absoluta dos socialistas, que incluso aumentaron un concelleiro. Foi reelixido alcalde con maioría absoluta en 1987, 1991 e 1995.

Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde, pero perdeu a maioría absoluta. Desta forma, gobernou en minoría ata que en abril de 2000 estableceu un pacto de goberno co BNG.Nova en La Voz de Galicia Carballo, 15-4-2000 p.44 Porén volveuse quedar en minoría trala baixa dun edil socialista en novembro de 2000, que incluso chegou a apoiar unha moción de censura do PPdeG, que foi abortada dende os órganos superiores da formación conservadora.El PP de Camariñas presenta una moción de censura que la dirección gallega rechaza Volveu se-lo candidato do PSdeG-PSOE nas municipais de 2003 e foi reelixido alcalde recuperando a maioría absoluta. Non se presentou á reelección nas municipais de 2007, retirándose da política.

Vida persoal Casou e tivo 3 fillos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Camariñas

Ligazóns externas Entrevista a Bautista Santos Ramos, ex-alcalde de Camariñas

Categoría:Alcaldes de Camariñas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes