O Batallón Azov (en ucraíno, Батальйон «Азов») é unha unidade militar de extrema dereita de voluntarios neonazis de Ucraína. Conta tamén con membros doutros países, entre eles, Croacia.

Pertence á Garda Nacional de Ucraína, unha sección de reserva das Forzas Armadas de Ucraína que está baixo xurisdición do Ministerio do Interior do país. Conta con importantes redes financeiras, como o oligarca ucraíno do sector eléctrico Íhor Kolomoiski.

En 2018, o Congreso dos Estados Unidos aprobou un proxecto de lei que prohibía a axuda militar ao Azov, debido á súa ideoloxía da supremacía branca.

O Batallón ten a sede na cidade de Mariupol, na costa do mar de Azov, onde en 2014 lograron deter o avance das milicias da República Popular de Donetsk en dúas ocasións. Pagáballes aos seus voluntarios 70 dólares mensuais en 2014. Está composto na súa maioría por voluntarios de organizacións e partidos de extrema dereita, como Pravy Sector ("Sector Dereito") ou Svoboda ("Liberdade").

Símbolos O seu escudo conta cunha runa wolfsangel estilizada e o símbolo do sol negro sobre as cores da bandeira de Ucraína, amais do nome do batallón. As runas son usadas polo nazismo a nivel internacional, polo que acotío son asociadas a esta ideoloxía. A bandeira consta dun lenzo amarelo coa wolfsangel en cor negra e o sol negro en cor branca.

O grupo negou en numerosas ocasións ser de ultradereita ou ter aspiracións de estabelecer unha futura «orde branca». Porén, un voceiro do Batallón Azov declarou en 2014 que entre o 10 e o 20% do rexemento eran neonazis.

Actuacións

Os membros do batallón participaron en combates contra as milicias da República Popular de Donetsk, por exemplo en Mariupol.

Notas

Categoría:Nacionalismo ucraíno Categoría:Forzas armadas de Ucraína