Ulpiano Jorge Javier Rodríguez Pampín, coñecido como Javier do Aceiteiro, nado en Melide o 12 de febreiro de 1943 e finado no mesmo concello o 1 de agosto de 2022, foi un político galego.

Traxectoria Rexentaba o ultramarinos familiar. Foi concelleiro en Melide dende 1974, sendo tenente de alcalde.Entrevista en La Voz de Galicia Santiago, 2-11-1986 p.43 En 1976 foi nomeado alcalde.Entrevista en La Voz de Galicia Santiago, 2-11-1986 p.43 Presentouse ás eleccións municipais de 1979 por UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Popular (como membro do PDP) e foi reelixido cunha ampla maioría absoluta (9 concelleiros de 13). Foi deputado provincial entre 1979 e 1987. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG, sendo o máis votado pero sen maioría absoluta, polo cal perdeu a alcaldía en favor de AP que pactou un goberno alternativo cos independentes de Unidade dos Veciños. Á fin dese mandato retirouse da primeira liña políticaLa Voz de Galicia, Santiago, 7-2-1991 p.34, continuando coa tenda de alimentación que rexentaba xunto ao seu irmán ata o peche por xubilación no ano 2016.

Finou en Melide, a causa dun cancro, o 1 de agosto de 2022 con 79 anos.

Vida persoal

Casou con Lolita Rodríguez Calvo e foi pai de Mª Dolores, Javi, María e Elena Rodríguez Rodríguez.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-8-2022, p. 41.

Foi irmán do teólogo Xosé Manuel Rodríguez Pampín e sobriño de Amador Rodríguez Martínez , membro do Seminario de Estudos Galegos .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Melide

Categoría:Alcaldes de Melide

Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por AP Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Melide

Categoría:Nados en 1943

Categoría:Finados en 2022

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes