Ramón Antonio Lois Ordóñez, nado en Ponteceso en 1946 e finado na Coruña o 9 de xaneiro de 2020, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Foi mestre e director do colexio de Zas. Neste municipio foi elixido concelleiro pola UCD tralas eleccións municipais de 1979, formación que quedou a tan só un concelleiro de lograla alcaldía. Nas municipais de 1983 encabezou a Candidatura Democrática Independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta, derrotando así ó anterior rexedor Antonio Cortizo Cortizo, o cal se presentara por AP. Nas municipais de 1987 encabezou a CPG e foi reelixido con maioría absoluta. Foi un dos alcaldes desta formación que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura presentada na Deputación da Coruña polo socialista Salvador Fernández Moreda contra José Manuel Romay Beccaría. Decidiu non presentarse á reelección nas municipais de 1991, retirándose da primeira liña política, pero colaborando coa candidatura do PSdeG-PSOE e pasando a formar parte deste partido en 1993Nova en La Voz de Galicia Carballo, 25-8-1993 p.31, se ben sempre en segunda liña.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Zas
Ligazóns externas Falleció Ramón Lois Ordónez, alcalde de Zas durante ocho años Adiós al mejor regidor de Zas
Categoría:Alcaldes de Zas Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Finados en 2020 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes